Thursday 02 de May de 2024

Concello e Renacer asinan un novo convenio de colaboración para mellorar a páxina web da Asociación Antidroga


Concello de Riveira e Asociación Antidroga Renacer rubricaron este mediodía un novo convenio de colaboración destinado a seguir traballando no eido das drogodependencias e máis particularmente no labor de prevención.

Neste senso, o orzamento municipal recolle unha consignación de 3.000 euros que, segundo os termos do acordo asinado polo alcalde Manuel Ruiz e a presidenta de Renacer María González, serán empregados na modificación e mellora da páxina web da entidade antidroga co fin de facela máis funcional e incorporar novidades en canto a deseño, código e seguridade.

Ademais, de acordo coas cláusulas, a colaboración estenderase a asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades, organización e execución de actividades comúns relacionadas co ámbito das drogodependencias e calesquera outras que son de interese común.